miércoles, 25 de julio de 2007

Magic Slim: Blues de algodon en Pontevedra

Nacido en el delta del Mississipi como casi todos los grandes bluesmen, Morris Holt, más conocido como Magic Slim, empezó a tocar con artilugios de lo más singular, tales como guitarras tipo slide hechas con alambre.
Su verdadera pasión era el piano, pero la perdida de su dedo meñique en los campos de algodón, hizo que se inclinase por la guitarra.
Su mentor y amigo fue el gran Sam Maghett, o sea el enorme Magic Sam, el le ayudo a empezar en Chicago y a perfeccionar su técnica, pero a pesar de todo Slim, no encontró su hueco y tuvo que volver a su casa donde se dedico a perfeccionar su estilo.
Volvió a Chicago y se unió a Robert Perkins, líder de Mr. Pitiful y Los Teardrops, animo a este a realizar una gira por UK, pero Perkins decidió no ir y prestarle su banda a Slim, y así surge la leyenda Magic Slim & The Teardrops.
Compartirían habitualmente escenario con el mítico Hound Dog Taylor en el Florence´s , legendario local del southside, hasta que finalmente se hicieron con él.
Su primer disco fue "Born under a bad sign", como el tema de Albert King, grabado con un sello francés. Repetirían con los gabachos (Black & Blue) en su 2º LP, "Highway is my home", hasta que el mítico sello Aligator se fijó en ellos, desde entonces son consideradas una de las mejores bandas del blues de chicago, donde Magic arropado fundamentalmente por su hermano Nick, el ya leyenda Coleman Pettis, espectacular guitarrista fallecido en el 83, sustituido posteriormente por John primer, han hecho disfrutar y soñar a los amantes del blues.
El día 25 en Pontevedra es un momento extraordinario para poder compartir la música de Magic Slim & The Teardrops ( http://www.jazzpontevedra.com/).

Quieres ver y escuchar a Magic Slim:
http://www.youtube.com/watch?v=SqevgW5a-nE
http://www.youtube.com/watch?v=Hcu0Lx7FVVM

Para saber Más:
http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=11:3ifrxq95ld0e~T1
http://www.terra.es/personal3/spainblues/slim.htm

lunes, 23 de julio de 2007

Tony Joe White: Desde el pantano


Tony Joe White, (Goodwill 1943, Florida). Nacido no seo dunha familia de orixe cherokee, desenvolveu as súas actividades musicais en Texas e como músico de estudo, ata que aos 26 anos, coou o hipnótico "Polk Salad Annie" nas listas de exitos, e a que ao para o meu parecer é a mellor canción da súa carreira, "Roosevelt and Ira Lee (Night of the Moccasin)". A partir de aí estrelas do momento empezaron a gravar os seus temas, xente como Elvis presley, Dusty Springfield, Brook Benton, ZZ top...
Invitado como teloneiro de bandas lendarias como a Creedence Clearwater Revival, Eric Clapton e un longo etc, do que destacariamos a Tina Turner que o rescatou do período escuro que Tony viviu nos 80, levando o seu exito "Steamy Windows" ao hit parade, ademas de colaborar en todo o disco "Foreign affair".
O bruxo, alcume polo que é coñecido, é o máximo expoñente do chamado rock dos pantanos, unha mestura de R'n'R poderoso e country, un rithm'n'blues, abafante e húmido cheio de sons magnéticos coma guitarras e o sempiterno organo ao fondo, cun toque moi dos 70.
Afastado do star system no seu Tenesse adoptivo, probablemente unha parte dos ingredientes que fan máxico ao case segredo Tony Joe White, un segredo que debería ser gritado a voces.
Un apunte no seu último disco "Uncovered" colaboran un par de guitarristas curiosos, un tal Eric Clapton e un tal Mrk Knopfler, será por algo?.
Se queres escoitar e ver a tony joe white, Clique na imaxe

Para saber mais:
www.tonyjoewhite.com
www.allmusic.com

lunes, 16 de julio de 2007

Tom Petty









O musico de Florida (Gainesville, 1950) é sen dúbida un dos máis prolíficos e ortodoxos da musica norteamericana. A pesar de que tras gravar o seu primeiro elepe cos seus inseparables rompecorazones (The Heartbreakers), unha banda de extraordinarios virtuosos, foi encasillado na nova onda e o punk, pero pronto se encargaria de demostrar que estaban mais na onda do Rock sureño, e o folk-rock electrico de Dylan e dos Byrds. Nos seus inicios en Florida militou nunha banda chamada MUDCRUTCH, xunto ao extraordinario teclista Benmont Tench e o guitarrista Mike Campbell, tras algunhas aventuras californianas os seus dous compañeiros incorporaron ao bateria Stan Lynch e o baixista Ron Blair para formar The Heartbreakers e rapidamente Petty volvería xa para procrear unha das fornaciones máis adoitadas e reputadas da musica yanki. A súa existencia inicial paso inadvertida en Ou.S.A. pero alcanzaron o éxito en Ou.K. baixo as ás do produtor Nils Lofgren co hipnótico "Breakdown" e a xa clásica "American Girl". Desde entón unha exitosa carreira infestada de exitos como, "Jammin' Me", "Refugee", a versión de "So you want to be a R'n'R star"... legados como a exquisita banda sonora do filme de Edward Burns "ela é única". Non hai que esquecerse do seu vertixinoso e arrepiante directo plasmado no dobre LP "Pack up in the plantation".
A súa reputación como musico é tal que entrou na irmandade dos Traveling Wilburys, con lendas coma Bob Dylan , George Harrison, Jeff Lynne e Roy Orbinson, todos baixo un alcume, Lucky, Nelson, Otis, e Lefty respectivamente, e Petty coma Charlie T. Jr. Todos configuraron unha megabanda para crear un disco de de rock and roll magnifico gravado en 9 días coincidindo co do disco de Tom petty "Let me Up (I've Had enough)", sinxelamente un grupo de amigos divertindose, lle seguiria un segundo LP (vol. 3) menos espontaneo que o primeiro, verdadera obra mestra.
Tom Petty gravou tamen unha verdadera mostra de "rock and road", ou rock de carretera no seu LP en solitario "Full Moon fever", ainda que en todo momento arropado, producido pola sua banda de sempre e con temas indendiarios como "Runnin´Down a Dream".
En Resumo unha banda sen ningún tipo de desperdicio, o rock sureño mais ortodoxo e demoledor que se pode escoitar


"It´s allright if you love me,
It´s allright if you Don't..."
Breakdown,
Tom petty & the Heartbreakers
Para saber más.
Web Oficial: http://www.tompetty.com/
http://musica.hispavista.com/biografia/327
http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=Bmx5m964o3ep7

domingo, 15 de julio de 2007

Simpatia polo diaño

CLICA NA IMAXE MENTRAS LEES


Unha das mais fermosas cancións do Rock "Sympathy for the devil", no número 32 da lista das 500 mellores temas da historia según a revista Rolling Stone, está inspirada no extraordinario libro de Mijaíl Afanasievich Bulgákov, Médico de profesión, (Kiev 1891-1940) ucraíno, seu pai foi un profesor de teoloxía, por iso seguramente o libro empeza con dous intelectuais que discuten da natureza trinitaria e cristiá e da veracidade da existencia de Xesucristo. Despois o mestre, ou sexa o diaño aparece no Moscú dos primeiros anos do soviet, acompañado por unha caterva de acólitos do mais singular e... bón o resto teredes que leelo.
Mijaíl alistouse como doutor durante a guerra civil, e foi no Cáucaso, onde empezou a traballar como xornalista. A pesar da súa situación, relativamente privilexiada durante o réxime de Iósif Stalin, non se lle permitiu emigrar ou viaxar.
O mestre e Margarita, foi publicada pola sua esposa de xeito póstumo e levou a Bulgakov e o seu libro a convertirse en obxecto de culto. Tratase dunha novela satírica considerada por moitos críticos como unha das mellores do periodo sovietico. Durante anos, o libro só se podo conseguir no bloque do leste de xeito clandestino coñecido coma "Samizdat", (individuos e grupos de persoas copiaban e distribuían clandestinamente libros), antes da súa publicación censurada por capítulos no xornal Moskva.

Na novela explorase a relación entre conceptos antagónicos, o ben e o mal, o valor e a covardía, e sobre todo a negación da liberdade nun mundo autoritario. O amor é un tema omnipresente no libro.

A novela pode ser lida de xeito diferente como unha profunda sátira a realidade da sociedade sovietica, como unha novela fantástica ou incluso filosófica, pero un libro que seguro que non vos deixará indiferentes, por suposto acompañado polos acordes e ese riff diabólico do demoniáco Keith Richard.........

"Por favor, permítanme que me presente, soy un hombre poderoso y con clase. He estado merodeando durante muchos, muchos años robando el alma y la fe de muchos hombres..."


Sympathy for the devil,
Beggars Banquet 1968
Rolling Stones

Miguel Torga e bichos



Miguel torga é o seudonimo dun extraordinario escritor en lingua portuguesa, chamado Adolfo Correia Rocha, orixinario de Tras-os móntes, de feito a torga é un arbusto típico desta terra. Escribiu no ano 1940 un excelso libro de contos chamado bichos que reflicte o caracter humanista da súa obra no espello do mundo rural do que o provén e onde animais, persoas e a propia terra intercambian e mesturan a súa natureza creando unha estraña comparsa que discorre polas rúas da vida.

O galo Tenorio, o can Nero, o Morgado, o Ladino e sobre todo Mago e a Madalena pasan ante os nosos ollos, como "Bichos", e non como uns animais calquera, eles estan dotados de alma, de sentimentos, de miserias... que non son máis que unha transmutación da natureza humana.
Para facervos un idea de que tipo de libro é, permitídeme unha reflexión, desde logo moi persoal. Estou convencido que no gran Manuel Rivas hai algo, talvez moito de Torga. E non só en Manuel Rivas, a primeira vez que lei a Torga pense en Cunqueiro....
Unha lectura recomendable, gratificante e que sen dúbida nos hara recapacitar, sobre todo en Portugues.

Benvida

a vista dende un outeiro non é mais que un blog para dar renda solta a unha serie de aficions e escoitar os vosos comentarios, por suposto dende o respeito asi que benvidos a este blog de Daniel Dravot e o seu inseparable Peachy Carneham.
Non é un blog tematico, é un blog a capricho, e ademais bilingüe ou trilingüe xa se vera, así que espero que vos guste