Sen dúbida o seu inesquecible papel de Cable Hogue, na sua balada, o meu xuizo foi o seu gran papel, nunha filme cun trato exquisito, chea de guiños o xénero, falsos predicadores, prostitutas honradas, foraxidos, cun escaso reparto pero maravilloso (Stella Stevens, o desaproveitado David Warner, e os omnipresentes Slim Pickens e Strother Martín). Unha Fábula nas mans de Peckimpah, un poema lírico, exento da extrema violencia que caracterizou os filmes de este director. Banda sonora excepcional de Jerry Goldsmith.

No hay comentarios:
Publicar un comentario