Sempre me fascinaron os malvados do cine, en moitos casos extraordinarios secundarios capaces me merendarse a rutilante estrela protagonista. Así que me gustaria adicarlle un gochiño deste blog a algunhas interpretacións realmente maléficas que me inquietaron ou me puxeron os pelos de punta.
FRANK.- Henry Fonda, Hasta que chegou a sua hora (1968, Sergio Leone), pouco usual ver o grandísimo actor de Nebraska, metido nestes lares, pero o certo e que a sua interpretación e antolóxica, un malvado sen corazón capaz de matar a sangue fría a nenos, mulleres, tolleitos, parafraseando a Clint Eastwood en Sen perdon " disparei sobre todo o que poidera moverse". O tratamento dos rasgos feito por Leone, e xenial, ese cor de pel queimado polo sol, eses poros da pel, o xeito tan cacracterístico de cuspir o tabaco (que lle pregunten a Eastwood, na creación do seu personaxe do "Fora da Lei") e sobre todo ese sorriso de serpe, fan de Frank un dos meus malos favoritos, incrible a escena na que lle coloca o rapaz a armónica na boca, mentras apenas pode soster o seu irman para que non morra aforcado.
HARRY POWELL-Robert Mitchum, A noite do cazador,(Sir Charles Laughton, 1955 ).
Perverso filme no que o sinistro predicador, inicia unha terrorifica persecución de dous nenos que ocultan o diñeiro de seus pais. Sen dúbida unha das mais grandes interpretación de Mitchum, amor e odio nos seus cotovelos. Capaz de casarse coa nai dos nenos (shelley Winters) todo por conseguir o víl metal. Memorables escenas a aparicion de Mitchum na habitación dos nenos e o cadaver da Sra Powell, flotando no río, e a fuxida polo río con todos os sons da natureza ó fondo.
jueves, 10 de septiembre de 2009
lunes, 7 de septiembre de 2009
Sic semper tyrannis Bruce
"Sic semper tyrannis" (Así sempre aos tiranos), contan que lle dixo Decimo Xunio Bruto a Xullo Cesar mentras o acoitelaban. Asi me sentín eu mentras aplaudía e berraba con cada un dos acordes e dos temas de Bruce Springsteen e a lexendaria banda da rúa E, nas casi tres horas de concerto en Santiago de Compostela
Bruce Frederick Joseph Springsteen (Long Branch, Nova Iersey 23 de setembro de 1949), amosou unha profesionalidade e unha fidelidade absoluta a historia do Rock'n'roll, entrega, paixon, talento, desgaste, achegamento a xente, moi lonxe do plano divo e rácano como co que nos deleitaron, (por outra banda magnifícos) Red Hot Chilli Peppers sen ir mais lonxe.
Nun concerto veraz, sincero e sen dobradizos Springsteen e os seus amosaron todo o que levan dentro: Din que para captar a atención dos participantes son claves os tres primeiros minutos, e eses tiveron un nome o Xenial Nils Lofgren, acordeón e "Rianxeira"conquistaron o público nos primeiros intres. Despois chegarían o xenial "Silvio Dante" dos soprano, nin mais nin menos que Steve Vand Zandt, "Big man" Clarence Clemmons, bastante castigado pola artrosis, cun menor papel que noutras épocas, pero con momentos realmente estelares.
O serio Gary Tallent o baixo, Roy Bittan os teclados, ainda que sen dúbida se bota de menos a o gran Danny Federicci, e o "Bill Gates" a bateria Max Weinberg. Dende o 2002 disfrutamos da rutilante Soozie Tyrell co violín.
O repertorio, absolutamente espectacular, versions aloucada do Burnin' love de Elvis, Born to Be Wild de The Steppenwolf. Estremecedoras No Surrender e Spirits in the Night, apaisonada Outlaw Pete....
Este foi a lista do orgásmico e inesquecible concerto:
Badlands, Out in the street, Hungry heart, Outlaw Pete, Spirit in the night, Working on a dream, Adam Raised Cain, Murder incorporated, Johnny 99, Darkness on the Edge of Town, Raise your hand, Burning love, Born to be wild, My love will not let you down, Waiting on a sunny day, This life, Backstreets, Lonesone day, The rising, Born to run, No surrender, Land of hope and dreams, American land, Glory Days, Dancing in the dark, Rockin' all over the world, Twist and Shout y Born in the USA.
"viviremos entregados a tua tiranía"

Suscribirse a:
Entradas (Atom)