Sempre me fascinaron os malvados do cine, en moitos casos extraordinarios secundarios capaces me merendarse a rutilante estrela protagonista. Así que me gustaria adicarlle un gochiño deste blog a algunhas interpretacións realmente maléficas que me inquietaron ou me puxeron os pelos de punta.
FRANK.- Henry Fonda, Hasta que chegou a sua hora (1968, Sergio Leone), pouco usual ver o grandísimo actor de Nebraska, metido nestes lares, pero o certo e que a sua interpretación e antolóxica, un malvado sen corazón capaz de matar a sangue fría a nenos, mulleres, tolleitos, parafraseando a Clint Eastwood en Sen perdon " disparei sobre todo o que poidera moverse". O tratamento dos rasgos feito por Leone, e xenial, ese cor de pel queimado polo sol, eses poros da pel, o xeito tan cacracterístico de cuspir o tabaco (que lle pregunten a Eastwood, na creación do seu personaxe do "Fora da Lei") e sobre todo ese sorriso de serpe, fan de Frank un dos meus malos favoritos, incrible a escena na que lle coloca o rapaz a armónica na boca, mentras apenas pode soster o seu irman para que non morra aforcado.
HARRY POWELL-Robert Mitchum, A noite do cazador,(Sir Charles Laughton, 1955 ).
Perverso filme no que o sinistro predicador, inicia unha terrorifica persecución de dous nenos que ocultan o diñeiro de seus pais. Sen dúbida unha das mais grandes interpretación de Mitchum, amor e odio nos seus cotovelos. Capaz de casarse coa nai dos nenos (shelley Winters) todo por conseguir o víl metal. Memorables escenas a aparicion de Mitchum na habitación dos nenos e o cadaver da Sra Powell, flotando no río, e a fuxida polo río con todos os sons da natureza ó fondo.
jueves, 10 de septiembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario