domingo, 15 de julio de 2007

Miguel Torga e bichos



Miguel torga é o seudonimo dun extraordinario escritor en lingua portuguesa, chamado Adolfo Correia Rocha, orixinario de Tras-os móntes, de feito a torga é un arbusto típico desta terra. Escribiu no ano 1940 un excelso libro de contos chamado bichos que reflicte o caracter humanista da súa obra no espello do mundo rural do que o provén e onde animais, persoas e a propia terra intercambian e mesturan a súa natureza creando unha estraña comparsa que discorre polas rúas da vida.

O galo Tenorio, o can Nero, o Morgado, o Ladino e sobre todo Mago e a Madalena pasan ante os nosos ollos, como "Bichos", e non como uns animais calquera, eles estan dotados de alma, de sentimentos, de miserias... que non son máis que unha transmutación da natureza humana.
Para facervos un idea de que tipo de libro é, permitídeme unha reflexión, desde logo moi persoal. Estou convencido que no gran Manuel Rivas hai algo, talvez moito de Torga. E non só en Manuel Rivas, a primeira vez que lei a Torga pense en Cunqueiro....
Unha lectura recomendable, gratificante e que sen dúbida nos hara recapacitar, sobre todo en Portugues.

No hay comentarios: