domingo, 15 de julio de 2007

Simpatia polo diaño

CLICA NA IMAXE MENTRAS LEES


Unha das mais fermosas cancións do Rock "Sympathy for the devil", no número 32 da lista das 500 mellores temas da historia según a revista Rolling Stone, está inspirada no extraordinario libro de Mijaíl Afanasievich Bulgákov, Médico de profesión, (Kiev 1891-1940) ucraíno, seu pai foi un profesor de teoloxía, por iso seguramente o libro empeza con dous intelectuais que discuten da natureza trinitaria e cristiá e da veracidade da existencia de Xesucristo. Despois o mestre, ou sexa o diaño aparece no Moscú dos primeiros anos do soviet, acompañado por unha caterva de acólitos do mais singular e... bón o resto teredes que leelo.
Mijaíl alistouse como doutor durante a guerra civil, e foi no Cáucaso, onde empezou a traballar como xornalista. A pesar da súa situación, relativamente privilexiada durante o réxime de Iósif Stalin, non se lle permitiu emigrar ou viaxar.
O mestre e Margarita, foi publicada pola sua esposa de xeito póstumo e levou a Bulgakov e o seu libro a convertirse en obxecto de culto. Tratase dunha novela satírica considerada por moitos críticos como unha das mellores do periodo sovietico. Durante anos, o libro só se podo conseguir no bloque do leste de xeito clandestino coñecido coma "Samizdat", (individuos e grupos de persoas copiaban e distribuían clandestinamente libros), antes da súa publicación censurada por capítulos no xornal Moskva.

Na novela explorase a relación entre conceptos antagónicos, o ben e o mal, o valor e a covardía, e sobre todo a negación da liberdade nun mundo autoritario. O amor é un tema omnipresente no libro.

A novela pode ser lida de xeito diferente como unha profunda sátira a realidade da sociedade sovietica, como unha novela fantástica ou incluso filosófica, pero un libro que seguro que non vos deixará indiferentes, por suposto acompañado polos acordes e ese riff diabólico do demoniáco Keith Richard.........

"Por favor, permítanme que me presente, soy un hombre poderoso y con clase. He estado merodeando durante muchos, muchos años robando el alma y la fe de muchos hombres..."


Sympathy for the devil,
Beggars Banquet 1968
Rolling Stones

No hay comentarios: