CLICA NA IMAXE MENTRAS LEES
Unha das mais fermosas cancións do Rock "Sympathy for the devil", no número 32 da lista das 500 mellores temas da historia según a revista Rolling Stone, está inspirada no extraordinario libro de Mijaíl Afanasievich Bulgákov, Médico de profesión, (Kiev 1891-1940) ucraíno, seu pai foi un profesor de teoloxía, por iso seguramente o libro empeza con dous intelectuais que discuten da natureza trinitaria e cristiá e da veracidade da existencia de Xesucristo. Despois o mestre, ou sexa
o diaño aparece no Moscú dos primeiros anos do soviet, acompañado por unha caterva de acólitos do mais singular e... bón o resto teredes que leelo.Mijaíl alistouse como doutor durante a guerra civil, e foi no Cáucaso, onde empezou a traballar como xornalista. A pesar da súa situación, relativamente privilexiada durante o réxime de Iósif Stalin, non se lle permitiu emigrar ou viaxar.
O mestre e Margarita, foi publicada pola sua esposa de xeito póstumo e levou a Bulgakov e o seu libro a convertirse en obxecto de culto. Tratase dunha novela satírica considerada por moitos críticos como unha das mellores do periodo sovietico. Durante anos, o libro só se podo conseguir no bloque do leste de xeito clandestino coñecido coma "Samizdat", (individuos e grupos de persoas copiaban e distribuían clandestinamente libros), antes da súa publicación censurada por capítulos no xornal Moskva.
Na novela explorase a relación entre conceptos antagónicos, o ben e o mal, o valor e a covardía, e sobre todo a negación da liberdade nun mundo autoritario. O amor é un tema omnipresente no libro.
A novela pode ser lida de xeito diferente como unha profunda sátira a realidade da sociedade sovietica, como unha novela fantástica ou incluso filosófica, pero un libro que seguro que non vos deixará indiferentes, por suposto acompañado polos acordes e ese riff diabólico do demoniáco Keith Richard.........
"Por favor, permítanme que me presente, soy un hombre poderoso y con clase. He estado merodeando durante muchos, muchos años robando el alma y la fe de muchos hombres..."
Sympathy for the devil,
Beggars Banquet 1968
Rolling Stones
Beggars Banquet 1968
Rolling Stones
