
Tony Joe White, (Goodwill 1943, Florida). Nacido no seo dunha familia de orixe cherokee, desenvolveu as súas actividades musicais en Texas e como músico de estudo, ata que aos 26 anos, coou o hipnótico "Polk Salad Annie" nas listas de exitos, e a que ao para o meu parecer é a mellor canción da súa carreira, "Roosevelt and Ira Lee (Night of the Moccasin)". A partir de aí estrelas do momento empezaron a gravar os seus temas, xente como Elvis presley, Dusty Springfield, Brook Benton, ZZ top...
Invitado como teloneiro de bandas lendarias como a Creedence Clearwater Revival, Eric Clapton e un longo etc, do que destacariamos a Tina Turner que o rescatou do período escuro que Tony viviu nos 80, levando o seu exito "Steamy Windows" ao hit parade, ademas de colaborar en todo o disco "Foreign affair".
O bruxo, alcume polo que é coñecido, é o máximo expoñente do chamado rock dos pantanos, unha mestura de R'n'R poderoso e country, un rithm'n'blues, abafante e húmido cheio de sons magnéticos coma guitarras e o sempiterno organo ao fondo, cun toque moi dos 70.
Afastado do star system no seu Tenesse adoptivo, probablemente unha parte dos ingredientes que fan máxico ao case segredo Tony Joe White, un segredo que debería ser gritado a voces.
Un apunte no seu último disco "Uncovered" colaboran un par de guitarristas curiosos, un tal Eric Clapton e un tal Mrk Knopfler, será por algo?.
Se queres escoitar e ver a tony joe white, Clique na imaxe

Para saber mais:
www.tonyjoewhite.com
www.allmusic.com


