Moitos de nos medramos a carón do western e do cine bélico, ansiosos da chegada do sabado pola tarde ou da sesión de 15.30 dos domingos no cine, curiosamente aniñados por grandes clasicos do cine, nunha "filmoteca" caseira e familiar improvisada nunha caixa tonta, pero que fixo que moitos dunha xeración beberamos das fontes mais puras do cinema, e sen que por elo sexamos agora violentos, nin belicosos, nin peores persoas.
Lembramos filmes gloriosos coma "Obxectivo birmania", escuros como a enorme "cruz de ferro" de Sam Peckimpah, e bodrios tediosos coma "de Dunkerke á victoria". Se ben e certo que a historia a escriben os vencedores, e que moitas veces estes filmes tiñan un caracter propagándistico, a presencia dos meirandes actores, xeniais directores e guionistas fan que a vista este xénero sexa unha cita ineludible do cinéfilo.
A revisión de filmes actuais, con tintes mais realistas, menos partidistas en cintas como "A delgada líña vermella", "Stalingrado", "salvar ó soldado Ryan" ou "cartas desde Ivo Jima" son pouco menos que ineludibles.
Permitideme unha pequena licencia que é citar as miñas debilidades:
1..- "Vida y muerte del coronel Blimp", maginifico filme antibelicista, interpretación fantastica de Roger Livesey.
2.- " A cruz de ferro", Sam Peckimpah, a guerra dende o seu punto de vista mais violento, real e descarnado cun Steiner (James Coburn) inesquecible.
3.-"Doce do patíbulo", Robert Aldrich. Trepidante, sarcástica, xenial, que lle pregunten a Tarentino de quen se nutriu para facer "malditos bastardos". Lee Marvin, o gran John Casavettes, Donald Sutherland, Robert Ryan...
4.-"En terra de ninguén" Danis Tanovic, estremecedora e cínica visión do conflicto dos balcáns.
5.- "Los Violentos de Kelly", debilidade personal, non é unha obra mestra, pero acción e humor a esgalla coma rezaba no seu cartel promocional, "Su plan era robar un banco y casi ganan una maldita guerra"
6.-"Espartaco", para min o mellor filme da historia do cine, oda a liberdade, no que Kirk Douglas, actor principal e verdadera alma do proxecto, controlou toda a produccion e enfrentouse o Mcarthismo poñendo nos titulos de créditos o denostado Dalton Trumbo.
7.- "Patton" Franklin J. Shaffner, un dos directores da xeración da tv, sería moi interesante revisar a súa obra (Papillon, o señor da guerra, Nicolás e Alexandra, os nenos do Brasil...). Maxistral George C. Scott na sua interpretación dun dos mais egocentricos e xeniais estrategas da historia.
8.- "Misión de audaces". John Ford. O mais grande director dirixe a dous monstruos John Wayne e William Holden nunha fantastica pelicula ambbientada na guerra civil americana.
9.-"Napoleón" Abel Gance. Ineludible visualizacion desta maxistral cinta.
10."Duelo en el altlantico" fantastico duelo entre un navío e un submarino alemán ou o que é o mesmo duelo intrepretativo entre Robert Mitchum e Curd Jurgens.
Links Recomendados:
http://major-reisman-cine-belico.blogspot.com/
xenial blog adicado o cine belico.
http://www.decine21.com/listas/Las-100-mejores-peliculas-belicas-34