domingo, 24 de mayo de 2009

Gary Moore



Deixouse cair por santiago, e con reservas acudin o concerto do excepcional guitarrista irlandés. Para a miña sorpresa Gary Moore segue sonando a Moore.
Son compacto dunha banda moi trillada xa, son os seus músicos de sempre, i él facendo soar a sua guitarra como poucas, lucidos sos, virtuosismo, para disfrute dun aforo fiel e incondicional composto a maioria, esa é a miña impresion e o perfil de este que a vostedes se dirixe, de nostálxicos doutros tempos, nados na decada dos 70 e os derradeiros 60.
Moore non consegue sorprender en ningún momento, mais do mesmo, o son era practicamente o mesmo do "Blues Alive", ata os sós eran predecibles, mais a sua maestria e o fume que botaba a sua colección de guitarras foi inesquecible.
Foi ese Moore que madurou tardiamente a caron do gran (en todolos aspectos Albert Collins) e que rachou as listas nos 90 con aquel "Still Got the blues" e o posterior "after hours".
Pechou con o concerto cunha extraordinaria version do Parisienne Walkways, tema que compusera co seu odiado/amado Phil Lynott o mulato irlandes, lider da poderosa Thin Lizzy, onde militara o mesmo Moore.
Grazas Moore por seguir sendo ti mesmo

No hay comentarios: